Ourol 16 de abril de 2015.- Con catro votos en contra e tres a favor, o concello de Ourol rexeita esixir á Xunta de Galicia a reposición do médico cesado na localidade.
O rexedor, Marcial Sanjurjo, deixou moi claro que ningunha das dúas prazas foi amortizada.
Esta sesión plenaria extraordinaria foi solicitada polo grupo municipal socialista e tivo lugar ás 13:30 horas do serán deste xoves.