Lourenzá, 16 de abril de 2.015.- Os concelleiros do partido Socialista de Lourenzá, saen así ó paso das acusacións vertidas polo grupo Popular, nalgúns medios de comunicación, criticando a súa ausencia na sesión plenaria de hoxe.
A portavoz socialista Rocío López, pide respeto e compañeirismo a concelleira de cultura Lúpez Flórez á hora de criticar a ausencia dos socialistas ó pleno de hoxe.
López manifesta que “o horario de celebración dos plenos fai que sexa incompatible coa xornada laboral dos concelleiros e sobre todo dos veciñ@s de Lourenzá que por razóns de traballo nunca poden asistir a eles”.
O partido socialista explica que dende sempre se veñen celebrando neste concello os plenos en horario de 12:30 horas da mañá, algo que xa era moi restrictivo, e que xa se manifestou en reiteradas ocasións por parte do noso grupo.
López califica de burla a actitude coa que o equipo de goberno convocou este pleno para as 10:00 horas, xa que cambiar unha sesión plenaria, para 2 h e media antes do seu horario habitual, non se xustifica pola urxencia da mesma, porque os temas a tratar, poderían levarse a cabo, de igual xeito, as 12:30 h.
O partido socialista califica de desfachatez este comportamento e culpa a súa máxima rexedora, a alcaldesa Enma Álvarez de permitir que unha concelleira do seu equipo de goberno se dirixa así a uns compañeiros da oposición. López manifesta “que en máis dunha ocasión a alcaldesa Enma Álvarez se dirixiu a ela para pedir o cambio de horario e día dalgunha das sesións plenarias por determinadas circunstancias, é que dende o partido socialista, sempre se accedeu a esa petición, por tanto, só esperabamos deles o mesmo trato”.
En resposta as alegacións expresadas pola concelleira de cultura Lupe Flórez, entendemos que efectivamente ela pediu no seu posto de traballo para a celebración da Sesión Plenaria, pero tamén é ben certo, que os plenos, como noutros Concellos, poden celebrarse en horario de tarde, a partires das 19:30 ou 20:00, un horario máis axeitado para os membros das agrupacións políticas, e tamén para os veciños en xeral que queiran acudir.
A portavoz socialista critica que a concelleira de cultura xogue con estes temas e os utilice para facer política e pídelle “respeto aos seus veciñ@s que ao igual que os concelleiros da oposición case nunca poden asistir aos plenos que se celebran neste Concello”.