Os alumnos/as de 2º, 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón de Xove asistiron este mércores no Salón de Actos do Centro Cívio a unha proxección da película galega A ESMORGA. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura en colaboración co IES Illa de Sarón, foi patrocinada polo noso Concello, o cal previamente se puxo en contacto coa distribuidora da película co fin de presentala en Xove. A Esmorga, escrita por Blanco Amor, é unha das obras maestras da literatura galega. Protagonizada por algúns dos mellores actores galegos, foi dirixida por Ignacio Vilar, autor doutros títulos como “Pradolongo” ou “Vilamor”.
