Dentro do ciclo de teatro infantil organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, a Sala Bahía acollerá unha nova representación este vindeiro sábado, día 11, ás 18.30 horas. A compañía Sarabela porá en escena a obra titulada O último dragón, dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos de idade. Terá unha duración de 50 minutos e o prezo da entrada é de 2,5 euros, excepto para os menores de 12 anos, que deberán pagar 1,5 euros.
Teatro infantil na Sala Bahía
Teatro infantil na Sala Bahía
Relacionado
-
Ribadeo acolleu este domingo a XVIII Concentración Galicia e I Concentración astur galaica de Mercedes W123
-
Alfonso Villares en San Cibrao
-
Ribadeo acolleu este sábado unha xornada de convivencia astur-galaica do Club Rotary ao que asisten integrantes chegados desde Vigo, Coruña, Ferrol, Avilés, Oviedo, Gijón, León e Ponferrada