Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron este martes a un traballador que resultou ferido despois de ser atropelado por unha máquina, mentres realizaba o seu traballo no Concello da Pontenova, arredor das doce do mediodía.
Debido á importancia das lesións ocasionadas, se requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que esperaba ao ferido no campo de fútbol da localidade.
Dende o CAE 112 Galicia, tras ser alertados polos servizos sanitarios, se solicitou a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES e de Protección Civil de A Pontenova.