Burela, 16 de abril de 2015.- Este xoves usuarios dos distintos dispositivos complementarios de atención para enfermos mentales disfrutaron dun xogo ameno e divertido gracias á colaboración das monitoras do Centro Gaia.
A través deste xogo púxose de relevo a problemática que ocasiona a elevada xeración de lixo e as posibilidades para o seu reciclado, facéndose para isto necesario que a poboación separe os desperdicios por tipoloxías e o deposite correctamente nos diferentes contenedores.
Polo tanto, os usuarios tomaron conciencia da gran importancia que ten a protección do contorno para gozar dun maior benestar e calidade de vida.
Recalcar, que a través desta actividade, como en outras ocasións, interiorizáronse valores tan importantes como a empatía, a complicidade e sobre todo o compañerismo. Con este tipo de actividades en comunidade, conséguese loitar contra o estigma da enfermidade mental, ademáis de conseguir unha maior integración dos mesmos na comunidade; o que repercute moi positivamente na mellora terapéutica de todos eles.