O Concello de Foz organizou unha cea cos grupos de teatro do municipio para agradecerlles a súa colaboración no programa Teatro nas Parroquias. O concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto, participou nesa xuntanza cos integrantes dos catro grupos de teatro afeccionado que hai no municipio: O Batán, de Cangas; Adala, de Fazouro; Pico do Castro, de Foz; e Axóuxeres, de Vilaronte. Ánxel Paleo entregoulles un obsequio institucional e destacou que “dende o goberno local sentímonos tremendamente orgullosos de ter estes grupos funcionando a un altísimo nivel e ademais sempre están dispostos a colaborar de maneira altruísta para divertir aos veciños”.
Cea dos grupos de teatro de Foz
Cea dos grupos de teatro de Foz
Relacionado
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional
-
O Concello de Vilalba, ABANCA e Afundación, a Obra Social de ABANCA, inauguraron na Sala Ramón Guntín de Vilalba, a mostra «Castelao grafista (facsímile)»
-
O xoves, 2 de maio ás 20:30h, a libraría Bahía de Foz acolle a presentación – recital sobre o poemario ‘Escribir Silencio’ de José A. Alfonso