Ribadeo, 4 de maio de 2015.- O xurado reunirase este martes para elixir os gañadores do I Concurso de Debuxo, que convocou Acisa para celebrar o Día da Nai. Os participantes tiveron de prazo ata este domingo a mediodía para entregar os seus traballos nos comercios asociados. O concurso estaba dirixido a niñ@s con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Acisa estableceu 2 categorías: unha para nenos e nenas de 3 a 6 anos e outra de 7 a 12 anos. Haberá 4 premios, dous por categoría, consistentes en bonos de beleza valorados en 100 e en 50 euros para as mamás dos gañadores, que poderán gozalos en dous centros asociados a Acisa: en IMAGN 365 e en Perruquería Carmen. Os debuxos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.
O xurado, formado por profesores de plástica dos centros Sagrado Corazón e Gregorio Sanz reunirase este 5 de maio ás 17 horas para decidir os traballos gañadores. Do xurado tamén formará parte David Rivas Peña, deseñador e artista plástico. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo agradece “a todos eles a súa acollida e a súa participación connosco neste concurso”.
Acisa tamén celebrou o día da nai repartindo flores. Os encargados de facelo foron os propios establecementos comerciais, eles entregaron flores aos seus clientes e ás mamás onte domingo e puxeron a nota de cor nas rúas da localidade. Acisa agradece a todos os locais a súa participación nesta cita.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



