Ribadeo, 4 de maio de 2015.- O dia 6 de maio as 19:00 horas estrease no Amodiño o documental “#OligopolyOFF. Empieza la revolución energética ciudadana”.
Ficha técnica
Título: #OligopolyOFF: Empieza la revolución energética ciudadana.
Dirección e guión: Alba del Campo.
Producción: Plataforma por un Nuevo Modelo Energético.
Duración: 90′ (aprox.)
Sinopsis: Preocupada polo tremendo aumento da pobreza enerxética no Estado español, as contínuas subidas das facturas da luz e o gas e os recortes ás renovables, a Plataforma por un Nuevo Modelo Energético presenta neste documental unha mirada da situación da enerxía que move este estado e dunha política enerxética hoxe hipotecada baixo os intereses das empresas do oligopolio enerxético fósil.
Conscientes de que son estas empresas as que presionan aos sucesivos gobernos para asegurar os seus beneficios, en lugar de que se protexa o dereito á enerxía de toda a poboación, así como de emprender unha política enerxética sensata para evitar un cambio climático devastador, o propio título do documental é unha declaración de intencións: #OligopolyOFF.
30 anos de compromisos insuficientes contra o cambio climático evidencian que non estamos ante un problema técnico ou tecnolóxico, senón ante o imperio dunhas compañías que, como di o cantante Kiko Veneno no documental, son capaces de destruír o planeta con tal de seguir sendo as súas propietarias.
#OligopolyOFF divídese en tres capítulos. Viaxa desde o problema da pobreza enerxética, a través dos distintos conflitos que xera a actual política enerxética no territorio español, ás alternativas cidadás que están a traballar por avanzar na necesaria transición renovable e na democratización da enerxía. Ambas van da mao.
As prospeccións de Canarias, o fracking, a construción dun cementerio nuclear en Villar de Cañas, Cuenca, os recortes ás renovables, o proxecto Castor en Castellón ou o regalo de 3.400 millóns ás eléctricas por parte do PP e do PSOE, puxeron a política enerxética sobre a mesa. E alí onde as empresas de hidrocarburos ven “oportunidades de negocio”, ou as eléctricas defenden os seus “beneficios lexítimos” a cidadanía ve como perigan a auga potable, a calidade da súa terra, o aire, o seu acceso á enerxía, o seu emprego, a viabilidade dos seus negocios… A luz sube para todas, mais para unhas máis que para outras.
En #OligopolyOFF vemos como as loitas contra unha política enerxética destructiva convertiu a defensa do territorio en loitas pola dignidade dos pobos de todo o estado. A alternativa é clara, alí onde se berra petróleo NON, a aposta da cidadanía é: RENOVABLES SI.
Todas estas loitas conflúen en #OligopolyOFF e enlázanse cun camiño non só desexable ou posible, senón que ademais é máis económico para as consumidoras. Si, é máis económico e isto hai que repetilo tantas veces como faga falla, porque estas empresas invisten cantidades indecentes de diñeiro en facernos crer o contrario.
E é que, como vai ser máis eficiente quentar a auga da ducha con gas que ven de 4.500km, que co sol e unha placa que estea a 5 metros da túa ducha?, pregunta Manel Rivero ao alumnado do instituto. “Encargáronse de vendernos un modelo que xera beneficios multimillonarios para unhas poucas empresas. Mais hai outros modelos”, engade.
Por iso, o terceiro capítulo está dedicado a eses outros modelos, exemplos de cambio, de transición enerxética, nos que a cidadanía decide e é parte de cooperativas de consumidoras ou propietarias de empresas que xeran a electricidade ou a calor para a calefacción, cooperativas enerxéticas verdes, proxectos de autonomía enerxética renovable, proxectos de aforro a nivel municipal… Proxectos limpos nos que a enerxía está en mans da xente.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



