Barreiros, 1 de maio de 2015. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este sábado 2 de maio o III Festival de Habaneras, que organiza a Coral Polifónica de Barreiros. O evento, que organiza a Coral Polifónica de Barreiros, dará comezo ás 20 horas.
Nesta ocasión a Coral anfitriona estará acompañada pola Coral Polifónica de San Félix de Lugones e o Coro Son Astur de Oviedo. “Ademais de habaneras interpretaranse outros xéneros que farán as delicias do público asistente”, segundo explican os organizadores.
Ao final do concerto terá lugar o sorteo dunha fin de semana nun balneario.