A Irmandade Santo Estevo vén de asinar un acordo de custodia do territorio con propietarios de parcelas desta fraga barreirense. Este contrato, o primeiro que se asina na Mariña Lucense, implica o compromiso do colectivo en colaboración cos propietarios, por espazo de 25 anos prorrogables, a conservar a diversidade biolóxica, a paisaxe e o patrimonio cultural deste lugar, garantindo que os usos e acitvidades que se leven a cabo nestas parcelas sexan respetuosos co entorno e garantan a posta en valor deste espazo natural, único no concello polo seu patrimonio cultural, ambiental, histórico e inmaterial.
O obxectivo da Irmandade nestes terreos de máis dunha hectárea, nunha primeira fase do proxexto, será levar a cabo a eliminación da flora exótica invasora e a plantación de especies autóctonas, partindo dentro do posible de individuos trasplantados da mesma fraga, coa fin de evitar a contaminación xenética. Durante a realización dos traballos e unha vez rematado o proxecto, este espazo natural serviría como esceario de educación ambiental dirixido aos nenos e nenas dos colexios do concello.
Dende a Irmandade Santo Estevo, agradecen a boa disposición e colaboración dos propietarios destas terras, situadas no mesmo corazón da fraga e colindantes coa capela. Son parcelas que na actualidade non están a ser aproveitadas para producción forestal e que os propietarios poñen en mans deste colectivo, mediante acordos de custodia, para o aproveitamento medioambiental. A recuperación destes espazos é indispensable para garantir a conservación das especies florais do soutobosque e a fauna autóctonas.
Asimesmo, o colectivo Irmandade Augas Santas organiza para este vindeiro sábado 9 de maio un roteiro arqueolóxico e ambiental pola fraga do Santo Estevo, na que colaboran varias asociacións locais e autómicas, ademáis da Deputación Provincial de Lugo. Estas son: Maremasma (Foz), Ollomao e Irmandade San Caetano (Barreiros), Erebia, Mariña Patrimonio e Adega. O roteiro será guiado, ademáis da entidade organizadora, por técnicos de medio ambiente e arqueoloxía que, logo do xantar, participarán nunha conferencia-coloquio aberta no mesón parrillada “O que che dixen”, en Reinante. Visitarán os restos arqueolóxicos do cemiterio e antiga capela de Santo Estevo da Ribeira do Masma (Século IX), construccións das ermitañas, ponte medieval e antigas minas de ferro, de onde se sacaba o mineral para a fábrica de Sargadelos. No apartado medioambiental, poderase contemplar a beleza de endemismos coma os felgos xigantes relictos do período Triásico, a sacabeira rabilonga, o caracol de Quimper ou algunhas especies protexidas de morcegos. Mediante esta actividade, os organizadores reivindican a recuperación e protección deste espacio natural para o que a Irmandade Santo Estevo xa tén presentado no Concello de Barreiros en xaneiro do ano pasado un proxecto para a protección deste ecosistema, solicitando a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL). No seu día, esta iniciativa foi apoiada tanto polo goberno local (PP) como polos partidos da oposición (BNG E PsdeG), sen que polo de agora se teñan máis novas ao respecto.
IV Festival Histórico Augas Santas
A seguinte actividade organizada por este colectivo barreirense será a celebración do IV Festival Histórico Augas Santas, que este ano cadra o sábado 20 de xuño e para o que, polo de agora, os organizadores prefiren non facer un adianto do programa.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



