A ansia dos políticos por sair nos xornais fai que, de cando en vez, aparezan voceiros de novas que se diría non ter outro fin, pois a noticia nunca se ve materializada: son os fogueteiros dunha festa na que non soa mais música que o estoupido dos foguetes, nen outras luminarias que non sexan as dos fogos de artificio.
Tal conducta, por habitual, faise norma e os actores da comedia fraudulenta e inacabada, queiman a pólvora na perorata, demagóxica e estéril, propiciada por un narcisismo falto de rigor e de todo compromiso coa sociedade. Unha ollada mínima á hemeroteca dos últimos anos o confirma: “Un artista alemán ultima la unión virtual entre Foz y su antípoda” (14-7-05). “ Una asociación de empresarios y concellos facilitará la llegada de turistas” (29-1-05).“A Mariña y el Occidente astur se unen para la desestacionalización turística Occidental”.(30-4-05).“A comarca xa ten un “consorcio” para desarrollar o turismo. Funcionará cando os concellos aproben os estatutos”(7-5-05).“Campos de golf de Extremadura y Portugal servirán de modelo para la instalación local”. “Viveiro y Foz apuestan por el golf” (31-1-04). “El concello creará 4 rutas para fomentar el turismo: 2005 será el año de A Frouseira” (26.8.04). Alcaldes e fundacions acordaron crear un arquivo fotográfico.“(7.10.05). “Viveiro capitanea un proxecto de promoción da zona con novas tecnoloxías” (12.2.05).“Nós non teremos cara de presentarnos ás eleccións se en ano e medio non hai PAC” (7.10.04). “Turismo plantea otro Parador y campo de golf en A Mariña.”(6.10.07). “Foz: O Auditorio, principal proxecto” (9-8-90). “El tren Expreso de la Robla hará paradas en Foz. Satisfacción no goberno local porque “se está valorando lo que es el Foz turístico” (8.1.10).… e así indefinidamente. ¿Qué foi de tanta traca fogueteira, que nunca se soubo da festa?… Os munícipes non están polo labor,nen son quén de actuar coa solidaridade precisa para a tarefa común; viven nunha éxtase continua, mirando ao ombrigo, á procura do voto inmediato, e o clima de cordialidade e tolerancia non é o mais axeitado.
Políticos/fogueteiros, ¿qué credibilidade poden ter..? Xa o dixera o pintor Laxeiro:”¡qué terra mais fermosa pro… qué carallo de xente!”. Deus nos pille confesados…
Suso Fernández



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



