Burela, 11 de xuño de 2015.- O vindeiro venres 12 de xuño ás 11h00, os alumnos/as de 1º de Bach. TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga, coordinadora do Equipo de Normalización de Lingua Galega, presentarán o nº 21 da revista escolar Maruxía da Asociación Cultural Os Matos. Abrirán o acto, o Director do IES Perdouro, Santiago Pérez e o presidente da Asociación Cultural Os Matos, Antón Niñe. Será a ocasión para desvelar os contidos desta publicación anual asi como os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Ademais o presidente da A.C. os Matos fará entrega dos premios dos concursos anuais de relatos e de imaxe.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



