Foz, 22 de xuño de 2015.- A Espiñeira, na parroquia focense de Vilaronte, acollerá este vindeiro domingo, día 28, a súa tradicional feira exposición de gando cabalar e vacún organizada polo Concello de Foz.
O concelleiro Pedro Fernández Manín explicou que “esta feira sempre se viña celebrando o terceiro domingo do mes de xuño, pero deuse a circunstancia de que primeiro houbo eleccións e despois que ao retrasar as festas coincidía ao principio coas do Bispo Santo e despois co San Xoan, de Vilaronte. Este foron os motivos de organizala no mes de xuño, igual ca outros anos, pero o próximo día 28”.
Pedro Fernández engadiu que “haberá premios para o maior número de cabezas de gando cabalar, trofeos para as dúas mellores eguas de sela e para os dous mellores cabalos de sela; igualmente haberá un premio en metálico para o maior número de cabezas de gando vacún e trofeo para a cabeza de gando máis destacada. Despois, ás 5 da tarde, teremos o concurso de andadura, onde haberá premios en metálico para os tres primeiros, de 100, 50 e 30 euros; e o cuarto premio, de consolación, que será un trofeo”.
Fernández Manín comentou tamén que “a toda a xente, que esperamos que sexa moita, que nos acompañe nese día no barrio da Espiñeira, queremos recordarlle que poderán comer alí, porque vai haber, como todos os anos, o bar de Chelo, onde terá polbo, churrasco e outras especialidades. E ademais teremos sesión vermú e actuacións de grupos folclóricos que farán o seu pasacalles polo barrio da Espiñeira a partir das 10 da mañá”.
O concelleiro destacou que “para organizar todo isto contamos con moito apoio de xente do barrio da Espiñeira, que o celebran como unha festa máis, o que quero agradecerlles dende o Concello”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



