Os derradeiros 76 beneficiarios do Ben Empregado!, xunto con representantes das 47 empresas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia coas que asinarán os seus contratos laborais de xeito inmediato, participaron este luns nunha nova xuntanza informativa no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Trátase dunha sesión formativa na que os técnicos provinciais lles detallaron cales son os seguintes pasos no desenvolvemento deste plan de emprego.
Estes 76 novos traballadores súmanse aos 162 que xa accederon aos seus postos de emprego e aos 10 cuxa contratación está a resolver o INEM. Son, polo tanto, un total de 248 lucenses desempregados lucenses os que acadaron un posto de traballo de calidade, postos que inclúen cláusulas sociais, en 219 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. A través do Ben Empregado!, o 4º macroproxecto de fomento de emprego que a Deputación puxo en marcha nos últimos 4 anos, o organismo provincial subvenciona a contratación de ditos traballadores durante un ano con 4,4 millóns de euros.
En canto ás 47 empresas e entidades que contarán nos próximos días con estes novos 76 empregados, que comezarán a traballar por un período dun ano con contratos de calidade, estables e con vocación de continuidade, xa que para a selección final outorgouse máis puntuación canto maior era o compromiso de ditas empresas e colectivos para prolongar os contratos; atópanse, entre outras, asociacións sen ánimo de lucro, empresas construtoras, negocios de venda de produtos agrícolas ou clubs deportivos.
Segunda fase do Ben Empregado!
A Deputación continúa co desenvolvemento da segunda fase do Ben Empregado!, que dará emprego de calidade a outros 350 lucenses desempregados. Neste caso, o organismo provincial subvenciona a súa contratación con 6 millóns de euros. O voceiro informou que “neste momento, estamos a avaliar as solicitudes presentadas polas máis de 1.700 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que queren participan neste plan e nas que traballarán os 350 lucenses desempregados que, posteriormente -é dicir, coñecidas as empresas e colectivos participantes, así como os perfís dos traballadores que buscan, e celebrados os procesos públicos de selección-, resulten beneficiados da segunda edición do Ben Empregado”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



