Ribadeo, 2 de xullo de 2015.- O alcalde, Fernando Suárez, considera razoable que no Concello estean liberadas dúas persoas a tempo completo e unha a tempo parcial, debido ao volume de traballo e os servizos que xestiona Ribadeo. Suárez Barcia subliña que o Concello de Ribadeo podería ter, porque así o permite a lei, a 5 persoas liberadas a tempo completo e a un número indefinido a tempo parcial. E engade que tampouco chegamos ao límite que se lles permite a Concellos máis pequenos “nin pretendemos chegar”.
O rexedor contou que “neste primeiro pleno de organización, que celebramos onte no Concello de Ribadeo, e onde acordamos a constitución das diferentes comisións e das xuntanzas dos órganos colexiados, que teñen que abordar os asuntos de interese municipal destes catro anos. Alí demos conta das áreas que levarán os diferentes compañeiros do goberno municipal: Mariluz, Vicente, Ana, Farruco, Sonia, David, Paz, Jorge e Vanesa”.
Mariluz Álvarez Lastra, é a concelleira de Igualdade e Ensino; Vicente Castro, é o concelleiro de Facenda, Infraestruturas e Obras e Medio Rural; Ana Martínez, é a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio; Farruco Graña é o concelleiro de Cultura e Consumo; Sonia Meilán, é a concelleira de Servizos Sociosanitarios; David Rivas é o edil de Deportes e Novas Tecnoloxías; Paz Ermida é a concelleira de Sostibilidade Ambiental e Medio Mariño; Jorge Díez é o edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos e Cemiterios; e Vanesa Yanes é a concelleira de Mocidade.
Suárez Barcia sinalou que “para isto tamén propuxemos a liberación de dúas persoas a tempo completo e unha persoa a tempo parcial. Hai que ter en conta que o Concello de Ribadeo polo seu nivel de poboación podería ter, segundo a normativa aprobada hai un par de anos aproximadamente, cinco persoas liberadas a tempo completo, sendo ilimitado o número de persoas liberadas a tempo de parcial. En canto ao persoal eventual podería ser de dúas persoas. Non pretendemos ir aos límites legais máximos nin moito menos, nin sequera cos da categoría anterior ao Concello de Ribadeo nas que hasta 10.000 habitantes poderían contar con tres persoas liberadas a tempo completo e ilimitadas a tempo parcial”.
O rexedor explicou que “a opción que lle propuxemos ao pleno e que se aprobou por maioría é a liberación do alcalde, a liberación de Vicente Castro como edil de Facenda, Infraestruturas e Obras e Medio Rural, e a liberación a tempo parcial de Ana Martínez como concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio”.
Fernando Suárez, entende que “a xulgar polo enorme traballo que está a ter Ribadeo nestes últimos anos e que non é soamente flor dun día senón que é moito durante todo o ano, debido ás moitas áreas e competencias que temos e que non tendo asumimos, porque nos parece que Ribadeo está a despegar desde o punto de vista do turismo, do servizos e desde o punto de vista comercial e isto require tamén unha dedicación absoluta. No debate de onte, onde a oposición é normal que se opoña, nós tamén fomos oposición e a oposición o que pretende sempre é que o goberno municipal non se dote de instrumentos axeitados para que non poida facer ben o seu traballo”.
O alcalde dixo que “nós podemos ter os nosos traballos e gañarnos a vida sen problema, ninguén ven aquí ao Concello a enriquecerse nin moito menos, pero o que pasa é que si non estamos liberados aquí tampouco podemos atender á xente en condicións, teríamos que facelo fora do noso horario laboral, pero isto non é un concello de mil, dous mil ou tres mil habitantes, como hai algún por aquí cerca de nós… este é un concello que move moita xente e que require a presenza sistemática”.
Sobre os soldos Fernando Suárez puntualizou que “están moi por debaixo dos límites que marca a lexislación estatal e autonómica. Pola categoría que ten Ribadeo o salario do alcalde será de 2.300 euros netos ao mes, dista moito do límite dos 50.000 euros brutos que podería cobrar ao ano, quedándose neste caso en 44.400 euros. E isto mesmo podo dicir dos meus compañeiros, tanto Vicente como Ana”.
Ao rexedor e ao equipo de goberno parécenlles “razoables os salarios e non imos aos límites no número de liberacións nin aos límites económicos. O que queremos é facer o noso traballo e non me quero comparar con outros concellos do noso entorno que tendo moita menos poboación en número de liberacións aproxímanse ás nosas e en cantidades económicas tamén. Iso é o seu problema e o seu caso, nós falamos do caso de Ribadeo e para facer ben o traballo temos que ter xente liberada e a xestión poñerá de manifesto a xustificación deses soldos e o traballo e a dedicación destes últimos anos, desde logo, que nos avalan”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



