Mondoñedo (Lugo), 20 de agosto de 2015.- O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, avanzou este xoves que as obras de mellora no treito da estrada LU-124 comprendido entre Mondoñedo-Lindín, que serve de conexión coa autovía A-8, estarán rematadas este outono.
O director da Axencia, xunto coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, visitou esta mañá esta actuación, cuxas obras avanzaron intensamente neste verán e para as que se realizarán os traballos de afirmado nas vindeiras semanas.
Menéndez Iglesias recordou que o departamento que dirixe destina máis de 833.000 euros a estes traballos, que se desenvolven ao longo de preto de 9 Km (8,8) e teñen por obxecto a mellora da estrada e do estado de conservación do seu firme. O proxecto actúa tanto na travesía de Mondoñedo como no treito da estrada de características interurbanas ata o enlace coa A-8, definindo solucións axeitadas ás necesidades de cada subtramo tendo en conta o estado e características actuais da estrada e os condicionantes de tipo técnico.
No treito urbano de Mondoñedo (1,34 Km) realizase unha rehabilitación do firme, mediante fresado e reposición nos puntos nos que resulte necesario, e extensión dunha nova capa de rodadura. Pola súa banda, no treito interurbano ata a autovía, acométense actuacións para levar a cabo a necesaria reparación do firme, reforzo da sinalización e dos elementos de balizamento.
Estas tarefas compleméntanse co ensanche e mellora da plataforma, dentro do dominio público da estrada, no treito de 4,3 quilómetros comprendido entre a saída de Mondoñedo e Lindín. A nova plataforma, que contará con 6,5 m de ancho, permitirá o cruzamento dos vehículos en condicións de seguridade. Ademais, levaranse a cabo melloras nas sistemas de drenaxe, mediante a colocación de cunetas revestidas de seguridade nos treitos nos que resulte conveniente, que permitirán reducir o deterioro do firme a longo prazo.
Tamén inclúe a execución dunha senda peonil, solicitada polos veciños, no tramo da estrada que discorre entre o quilómetro 1+310 e 1+760; polo que se define un tramo de 450 metros integrado coa contorna e que mellora a a mobilidade dos usuarios.
Con estas obras, axeitadas ao tráfico e requirimentos da estrada, compatibilizarase a mellora do tránsito en condicións cómodas e seguras cunha mínima afección para os veciños e veciñas da zona e dos que utilizan ese tramo para acceder á autovía do Cantábrico. A través deste tipo de actuacións, a Xunta pretende dotar aos concellos galegos dunhas infraestruturas viarias máis seguras e confortables para os usuarios.
Mellora da mobilidade
O director da Axencia Galega de Infraestruturas destacou o esforzo que está a realizar o Goberno galego para mellorar a mobilidade dos veciños de Mondoñedo e dos concellos da contorna. Recordou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a redactar dous proxectos de rehabilitación do firme e ampliación da estrada Mondoñedo-Vilameá (LU-124), cos que se mellorará o acceso dos veciños de Riotorto tanto cara a A-8 coma cara A Pontenova. Salientou o compromiso da responsable da Consellería, Ethel Vázquez, de iniciar no vindeiro ano as obras do tramo Lindín – Cruz da Cancela, para facilitar o acceso á autovía.
O obxecto da actuación é completar ata o final da estrada -situado na intersección coa N-640 en Vilameá (PK 29+620)-, a mellora que actualmente leva a cabo a Xunta de Galicia nos primeiros 8,8 quilómetros dende Mondoñedo ata Lindín. O tramo da estrada comprendido entre Cruz da Cancela e Riotorto (PK 15+200 ao 23+100) xa está acondicionado, polo que resta por actuar entre Lindín e Cruz da Cancela, e de dende Riotorto ata Vilameá.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



