Malia ao flamante Plano de Conservación recentemente aprobado en xuño deste ano, ADEGA vén de denunciar o recheo de dúas charcas, unha dentro do ZEC As Catedrais e outra 200m fóra, mais pertencente á unha área prioritaria para a conservación da avifauna ameazada.
Trátase de dúas canteiras abandonadas, rexeneradas naturalmente e agora encharcadas, das poucas zonas húmidas permanentes na rasa litoral da Mariña. As obras consistiron no aterro da zona inundada, arrasando coa rica biodiversidade que acubilaban e derramándoas como refuxio de aves invernantes e en paso.

Entre as especies protexidas presentes nesas charcas cóntanse varias de anfibios: A Hyla arborea (vulberábel segundo o Decreto 88/2007 polo que se establece o Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e o Alytes obstetricans (Anexo IV Directiva 92/43 CEE, de interese comunitario que require protección estricta), teñen presenza confirmada, e o Triturus marmoratus (Anexo IV Directiva 92/43 CEE), o Lissotriton boscai e Lissotriton helveticus, no calágo español, son de presenza probábel.
Precisamente a costa de Ribadeo nesta zona da rasa litoral emerxida está considerada, aliás de ZEC, LIC, Monumento Natural (As Catedrais), ZEPA (Ribadeo), e Reserva da Biosfera (Oscos-Eo-Burón), unha área prioritaria para a avifauna ameazada por Resolución da DXCN de 28 de novembro de 2011. A riqueza ornitolóxica deste territorio atrae a moitos/as investigadores e visitantes, que agora perderán -perderemos- dous humidais senlleiros nos que mesmo aniñaban a pita de río, o mergullón pequeno, o rascón…, aliás de acubillar a especies en paso e invernantes.
ADEGA lamenta a escasa sensibilidade dunha administración que asiste nos seus fuciños e en plena tempada turística á destrución destas charcas e á perda da biodiversidade que acubillan, malia a gozaren de numerosas figuras de protección.
Trátase dun duro golpe á proposta de declarar este espazo Parque Natural, defendida por institucións, investigadores e ecoloxistas fronte á negativa da Xunta.
Mentres ONGs e veciñanza estamos a desenvolver proxectos de criazón e custodia de charcas por todo o país, semella que ninguén garante a conservación das poucas zonas inundadas mesmo dentro dos nosos espazos protexidos.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



