Lourenzá, 8 de agosto de 2015.- As E.D. Lourenzá tratarán esta vindeira temporada de dar de alta un novo equipo en competición oficial que non tíñan a temporada pasada, neste caso o equipo júnior. Para eso estarán á fronte desa labor Laura Fernández. e Ainhoa Vega (xogadoras do equipo de autonómica) que asumen este reto con moitísima ilusión.
O equipo estará formado por varias xogadoras que pasan da idade cadete así como tres incorporacións procedentes do Celtas Foz: Rosalía Rguez, Antía Río e María Pérez.
Este venres presentouse tamén o equipo de Autonómica nun acto no que estiveron presentes o Concelleiro de deportes Francisco Rivas Dasilva así como o presidente do clube Pablo Maseda.
No equipo de autonómica continúa a maioría do plantel da temporada pasada salvo as baixas de Milca Rubal, Paula Tarrón e Cristina Rubal. Espéranse tamén varias incorporacións, unha xa confirmada como é a xogadora Raquel Picoaga; formada nas categorías inferiores das E.D. Lourenzá.
A vindeira semana as xogadoras están citadas para o primeiro adestramento no Municipal de Lourenzá o mércores día 12 de agosto ás 20:00 horas.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
