Ribadeo, 24 de agosto de 2015. A sección de vento metal da Banda Municipal de Música de Ribadeo xunto co quinteto Ribadeo Brass e a recentemente creada formación musical ribadense Cebolas Verdes Big Band ofrecerán un concerto este martes 25 de agosto ás 22.30 horas nas inmediacións do parque de San Francisco, aínda que en caso de mal tempo trasladarase ao Cine Teatro. Esta actuación, incluída no ciclo Agosto Musical 2015 que organiza a asociación Amadores da Música, chega despois da participación da Banda de Ribadeo no concerto celebrado onte, domingo, no auditorio municipal Hernán Naval dentro do X Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo.
O concerto de vento metal programado para mañá, martes, día 25, estará dirixido por Rubén Solloso Irimia, quen hoxe explicou que este tipo de actuacións “comezamos a facelas o ano pasado a raíz do cambio de directiva de Amadores da Musica. Vai polas distintas seccións da Banda: fíxose un concerto da de percusión, outro de vento madeira e este é o último concerto seccional, de vento metal. Consta de varias partes, a primeira será o grupo de metais graves: trombóns, bombardinos e tuba da banda, que interpretarán 3 pezas. A continuación tocará o quinteto de metais Ribadeo Brass, cun par de pezas. Despois xuntaremos a todos os metais da banda e interpretaremos outras 3 pezas. E, por último, finalizaremos con máis xente a maiores dos músicos de vento metal da banda e tocaremos un par de peciñas de big band, cos músicos que forman parte dunha big band nova que formamos en Ribadeo, que se chama Cebolas Verdes Big Band, e algún musico a maiores”.
A Banda participou este domingo no FIMCR
A Banda Municipal de Música de Ribadeo participou no concerto celebrado onte, domingo, no auditorio Hernán Naval dentro da décima edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo (FIMCR).
A Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, abriu a actuación interpretando en solitario Adios Nonino, de Astor Piazzola. Despois participou en varias pezas xunto coa xunto coa Coral Polifónica de Ribadeo e tamén co pianista Leopoldo Erice, a violinista Frederieke Saeijs, o violonchelista Tsuyoshi Tsutsumi e o clarinetista James Campbell.
O presidente da asociación Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, amosouse satisfeito do resultado da actuación da Banda neste concerto e agradeceu á organización, concretamente a Leopoldo Erice, que contase coa súa participación para este evento.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



