Ribadeo, 25 de agosto de 2015.- O musical Peter Pan y el libro mágico chega a Burela o sábado, 29 de agosto, como complemento ás actividades da Feira do Libro. Así o anunciou Jose Díaz, o concelleiro de Cultura, que destacou a calidade desta montaxe, que chega logo do éxito acadado en Burela este mesmo verán por Toy, The Story.
O edil socialista explicou que “se trata de la misma compañía que nos trajo aquí el musical anterior, que tuvo mucho éxito tanto a nivel de público como de calidad, según lo que la gente opinaba después, y por eso decidimos traer este otro musical. Este es aún de mayor calidad, cuenta con un reparto de cantantes y actores mejor que Toy, The Story y, por ahora, solo se está moviendo por ciudades grandes”. Jose Díaz considera que “es un lujo que podamos disfrutar de él en el Auditorio de Burela. Es la misma compañía, Barabú Teatro, que se presta a traerlo aquí por la gran capacidad que tiene nuestro auditorio, que es el más grande de A Mariña, tiene 700 plazas de aforo y esto les anima a atraerlo y publicitarlo aquí con la esperanza de que, como la otra vez, prácticamente lo llenemos”.
O Concello pretende ofrecer deste xeito actividades paralelas á Feira do Libro que esa mesma fin de semana se celebra en Burela: “el musical combina imágenes proyectadas en una pantalla gigante con personajes de Peter Pan, y danza, baile, música, canción. La cita es este sábado, 29 de agosto, coincidiendo con la Feria del Libro. Lo organizamos como actividad paralela, por el vínculo de la literatura, la música y de todas las artes en una. Así que una vez que se cierra la feria a las nueve de la noche podremos disfrutar de este musical”.
O prezo das entradas é de 8 euros en venda anticipada e 10 en taquilla. No primeiro caso só hai dispoñibles 400 entradas, polo que o concelleiro aconsella darse présa á hora de compralas e beneficiarse do desconto. As entradas pódense mercar na Biblioteca Municipal e na Casa da Xuventude entre ás 10 e as 13 horas e no Cinebank de 10 horas da mañá a 21 horas da noite.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



