Burela, 10 de setembro de 2015. A oficina de turismo de Burela recibiu en agosto 2.000 visitas. A ocupación hoteleira media situouse no 95%. Os datos deunos a coñecer esta mañá o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández.
O edil socialista explicou que “no mes de agosto recibimos cerca de 2.000 visitas na oficina de turismo. Un 30,66% dos turistas que chegaron a Burela eran madrileños, o 15,25% de Castela-León, o 10% galegos e outro 10% vascos. Estas foron as procedencias máis destacadas”.
Fernández Rey tamén ofreceu datos sobre a ocupación hoteleira en agosto: “a media de ocupación en hoteis roldou o 95% de ocupación, e como norma xeral a tendencia foi á alza con respecto ao ano 2014. En canto á hostalería tamén se notou un importante incremento de clientes con respecto ao ano anterior, polo que a valoración que facemos dende o Concellería de Turismo é positiva”. O concelleiro entende tamén que “estes datos son facilmente mellorables si somos capaces de traballar xunto co sector en materia turística. Estamos convencidos que estes datos deben e teñen que mellorar e nesa liña de colaboración co sector é na que imos seguir. É preciso facer unha aposta forte por potenciar as capacidades turísticas que nos poden dar o tanto o porto e como as nosas praias”.
Festival Osa do Mar
Ramiro Fernández Rey fixo balance do recentemente celebrado festival Osa do Mar: “xerou movemento no pobo e despois de contactar cos hostaleiros a valoración é moi boa. Dende o Concello seguiremos apoiando iniciativas que consideremos que son positivas para darlle relevancia ao pobo, e traballar para que a xente que nos visite teña alternativas de ocio que faga que o sector hostaleiro poida aproveitar este tipo de eventos e actividades para xerar riqueza económica e crear postos de traballo, que tan necesarios son nos tempos que corren”. O concelleiro de Turismo engadiu: “animamos aos membros da asociación Fanto Fantini a traballar da maneira na que o están a facer, colaborando na dinamización do pobo. Este equipo de goberno estará apoiándoos en todo momento, como fixemos dende que entramos”.