O PSOE presentou este xoves no Rexistro da Deputación de Lugo unha declaración institucional en defensa do sector lácteo coa que busca a unanimidade da Corporación Provincial para “esixir ao Goberno Central un acordo de prezos mínimos do leite análogo ao do Executivo de Francia e, en caso de que a normativa vixente o impida, unha modificación da Lei”. Este é un dos principais acordos dos 10 en total que os socialistas reclaman na declaración institucional, e que recollen as reivindicacións da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo integrada por gandeiros e sindicais. O PSOE pediu a Candia a convocatoria urxente dunha xunta de voceiros provinciais na que aprobar esta declaración institucional.
Así o adiantou este xoves Darío Campos Novo, voceiro provincial socialista, durante a tractorada en defensa do sector lácteo, que tivo lugar na capitalidade de Lugo. “É necesario a suma de esforzos de todos os grupos políticos, así como da cidadanía en xeral, para tentar solventar a dramática solución que está a vivir o sector lácteo. 5.000 familias lucenses viven directamente deste sector. A produción de leite é o motor da economía lucense. Se aos gandeiros lles vai mal, a Lugo tamén. É imprescindible a posta en marcha de todas aquelas iniciativas que contribúa a garantir a supervivencia das explotacións. O PSOE presentou no Pleno de xullo unha moción coas reivindicacións da Plataforma do Sector Lácteo que non contou co apoio do PP, aínda que Candia integrou á Deputación de Lugo na Plataforma. Pero dende entón a situación cambiou. Mentres en España se produciron reunións coa Ministra nas que non se chegou a ningún tipo de acordo, en Francia o Goberno ofreceu unha solución. Polo tanto, se o Executivo francés pode, ¿por que non o Goberno español?. Por este motivo, presentamos esta declaración institucional co fin de que todos os grupos políticos na Deputación de Lugo reclamemos unha solución para os nosos produtores de leite”.
Acordos propostos na declaración institucional
Tal e como recolle textualmente a declaración institucional presentada hoxe na Deputación de Lugo polo socialistas, as medidas en defensa do sector lácteo que o PSOE propón aprobar por unanimidade dos tres grupos políticos con representación no organismo provincial son as seguintes:
1.- O Goberno central debe chegar a un acordo de prezos mínimos da leite en orixe análogo ao Goberno Francés e, en caso de que a normativa vixente o impida, promover as modificacións lexislativas necesarias para acadalo, de xeito que o prezo mínimo garanta a cobertura dos prezos de producción referenciados a parámetros obxectivos.
2.- A Xunta de Galicia, como primeira Comunidade Autónoma produtora de leite en España, debe dar prioridade absoluta á situación do sector lácteo e liderar as xestións ante o Goberno Central para poñer fin á crise dun sector vital para Galicia e garantir o futuro do mesmo.
3.- A Xunta de Galicia debe habilitar os instrumentos legislativos e operativos para garantir a recollida de leite nas explotacións galegas a un prezo que garanta a viabilidade das mesmas.
4.- Xunta de Galicia e Goberno Central deben ejecutar un plan específico para a valoración real e colocación de excedentes da industria láctea a través de medidas como as compras públicas de intervención deses excedentes, almacenamento privado e entrega a terceiros países.
5.- Xunta de Galicia e Goberno Central teñen que facer as xestións necesarias para por na axenda europea de inmediato o problema do sector lácteo galego co impulso de medidas concretas que adapten a regulación do mercado europeo á realidade do sector produtivo galego e estatal.
6.- A Xunta de Galicia debe por en marcha unha campaña de estímulo do consumo de leite e derivados de procedencia galega a través de campañas de concienciación en diversos eidos públicos e privados.
7.- A Xunta de Galicia e o Goberno Central deben impulsar e garantir a actuación eficaz da Comisión de Competencia, para que execute de maneira inmediata e contundente as inspeccións e sancións contra as comercializadoras que utilizan o leite como un produto reclamo.
8.- Xunta de Galicia e Goberno Central han de habilitar de xeito inmediato unha Comisión de Valoración de contratos vixentes con capacidade resolutiva para anulalos se as condicións para o gandeiro non respetan parámetros de viabilidade, garantía de duración e recollida de leite.
9.- É fundamental que a Xunta de Galicia, de acordo co Goberno Central, desenvolvan de xeito inmediato, un plan galego de implantación de industria transformadora de derivados lácteos en Galicia que impulse a produción de produtos tradicionais que permita diversificar a producción das propias explotacións e tamén promova o asentamento de industrias transformadora de derivados lácteos de consumo masivo, vinculado a un plan de incremento das exportacións e penetración en mercados emerxentes.
10.- A Xunta de Galicia debe impulsar a figura das cooperativas como axentes aglutinadores de produtores, e facer as xestións necesarias para habilitar os instrumentos precisos para que as propias cooperativas teñan capacidade de negociación efectiva coa industria, sobre a comercialización de produción dos gandeiros asociados.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



