Lourenzá, 29 de setembro do 2015.- O Grupo Municipal do Partido Popular vén de rexistrar unha moción na que insta a Deputación de Lugo a conceder unha subvención nominativa ao Concello de Lourenzá para a celebración da Festa da Faba. Os populares están seguros de que esta iniciativa vai ser acollida de bo agrado polo equipo de goberno, xa que sería unha aportación económica importante para desenvolver o programa da que é unha Festa de Interese Turístico Galego dende o ano 2001.
Concretamente o que piden os populares é recoller nos orzamentos do ano 2016 unha subvención nominativa de polo menos 3.000 euros e a manter de xeito indefinido esta subvención para anos posteriores.
RECUPERAR APOIOS
Compre recordar que a Festa da Faba obtivera no ano 2006, da Deputación de Lugo, a través do INLUDES, a concesión dunha subvención nominativa por este importe e que foi reflectida nos presupostos do Ente Provincial dende o ano 2007 ata que o goberno socialista na Deputación de Lugo suprime esta axuda nos orzamentos do 2012. Curiosamente, ese mesmo importe que lle quitaron a Festa da Faba de Lourenzá aparecía asignado á Festa da Fabada de Cervo, cuxa comisión organizativa recoñecían nunha entrevista no diario, “La Voz de Galicia” dese mesmo ano que, “compraban as fabas no mercado da Veiga”.
FE RODRIGUEZ ROCHA
No texto da moción, os populares, teñen un recordo para a Ex-Alcaldesa Fe Rodríguez Rocha, artífice da festa, e tamén promotora do cultivo da faba a finais da década dos oitenta, trala crise láctea que afectou a moitos gandeiros do noso concello.
O QUE DESPRESTIXIA Á FESTA É A SÚA FALTA DE DIFUSIÓN
Por outra banda e ao fío das acusacións feitas pola alcaldesa de Lourenzá nos medios de comunicación desde o Grupo Popular lémbranlle á rexedora que o partido da coalición é o partido socialista que non lle importa pactar “con quen sexa” con tal de acceder ao goberno, véxanse os pactos con Podemos despois das municipais.
Tamén lamentan “o interese que suscitan para o equipo de goberno as redes sociais, tema recorrente por parte do voceiro socialista en todos e cada un dos plenos celebrados ata o de agora”. Desde o PP aproveitan “esta nova ocasión” para pedirlle aos nosos gobernantes que se “deixen de cotillear no facebook do partido popular e se poñan a traballar, xa levan tres meses perdidos”.
Por outro lado, agradecémoslles que non saquen conclusións erróneas que non veñen a conto, a Festa da Faba en 25 anos de celebración acadou o recoñecemento que ten grazas as xestións de distintos gobernos populares, algo do que nos sentimos orgullosos e nada cambiará as verbas acusatorias de ninguén, “o que dalgún xeito desprestixia a súa celebración é a escasa promoción da mesma nos medios de comunicación ou o feito de que, a catro días da súa celebración aínda non se presentara o programa aos medios de comunicación para a súa difusión”.

















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



