Barreiros, 2 de outubro de 2015. A Aula CeMIT de Barreiros acollerá ata final de ano catro cursos sobre novas tecnoloxías, dirixidos a todos os públicos. O primeiro deles, de Iniciación á Informática, de nivel 0, comezará a impartirse o 13 de outubro, e prolongarase ata o día 22. Do 27 de outubro ao 5 de novembro ofertarase o curso de Iniciación a Internet, de nivel 1; do 10 ao 19 de novembro ensinarase a utilizar o Correo Electrónico e Facebook, de nivel 2; mentres que do 24 de novembro ao 3 de decembro se impartirá o curso de Manexo de móbiles táctiles (smartphone).
Todos os cursos, totalmente gratuítos, se impartirán no mesmo horario, de 16.30 a 18.00 horas. As prazas son limitadas, polo que desde a Aula CeMIT animan a anotarse canto antes para poder acceder a esta formación. A reserva de matrícula pode facerse na propia Aula CeMIT ou no teléfono 639 876 671.
Desde a Aula CeMIT sinalan que “a posta en marcha destas actividades formativas de inclusión tecnolóxica, ten como obxectivo impulsar, potenciar e difundir, a veciñas e veciños do municipio e arredores, coñecementos nas tecnoloxías da información e da comunicación, achegando a alfabetización dixital a toda a poboación”.
Aula aberta
A Aula CeMIT non só é o centro no que se imparten os cursos anteriormente mencionados. A Aula CeMIT de Barreiros permanece aberta durante todo o ano, de luns a venres, agás festivos, de 15.00 a 21.00 horas do 15 de setembro ao 30 de xuño, e de 09.00 a 15.00 horas no verán. Así, os usuarios poden acceder libre e gratuitamente á utilización do equipo informático da aula, sempre co apoio e baixo a supervisión do axente TIC.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



