Burela, 2 de outubro de 2015.- Despois de pleno de puntos nas dúas primeiras xornadas arroupado polo ambiente de Vista Alegre, o CD Burela FS Pescados Rubén trasladarase á pista do sólido Ciudad de Alcorcón para disputar a terceira xornada de Primeira RFEF o domingo (13.00 horas). O partido poderá seguirse en directo en streaming.
A escuadra mariñá visita a un Alcorcón que tamén está vivindo un bo comezo de liga, con triunfos fronte a Poio FS Pescamar (2-1) e Majadahonda (2-5). “É un dos firmes candidatos a estar pelexando polos postos de arriba, cun gran bloque, ademais de ser un dos equipos que mellor se reforzou” advertía Lucas do equipo da desequilibrante Anita Luján, que esta tempada incorporou ás internacionais Belén de Uña e Natalia, xunto á mariñá e ex-burelista Ro. “Non estamos nas nosas mellores condicións pero utilizaremos todo para regresar cos tres puntos” adiantaba Iván Cao, Lucas.
“Non foi unha boa semana de adestramentos; temos moitas xogadoras con problemas físicos” lamentaba o adestrador laranxa. Ata mañá pola mañá, despois da última sesión -en Burela-, o técnico laranxa non poderá dispoñer da convocatoria definitiva; a única baixa segura polo momento é Emma. A expedición partirá cara ao seu primeiro destino da tempada ás 14.00 horas.
Sigue o partido en https://www.youtube.com/watch?v=hjKZLYpcfFY&feature=youtu.be





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
