Ribadeo, 14 de outubro de 2015.- A delegación de directores de centro de ensino checos conclúe este mércores as visitas a empresas e institutos da Mariña e de Asturias, que realiza xunto con Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Tanto os docentes chegados desde a República Checa como a directiva de Apaga cualifican a experiencia coma moi positiva. Esta foi a primeira vez na que Apaga actuou coma socio de acollida.
Os directores checos pasaron na mañá deste mércores pola empresa Arcelormittal e polo CIFP de Avilés. Pola tarde ás 18 horas darán un paseo en barca pola ría de Ribadeo e despediranse a partir das 21 horas cunha cea no hotel O Cabazo. Este xoves cedo, ás 7 da mañá, saen cara Santiago, onde visitarán a empresa Castrosúa. A súa viaxe a Galicia concluirá en Pontevedra, onde actuará coma socio de acollida un centro de ensino desa provincia.
Tanto os docentes checos como os galegos fan un balance moi positivo da visita, a primeira na que Apaga, con sede en Ribadeo e presidida por Álvaro Doural, actúa como socio de acollida. Soña Sograñes, directora nun centro de ensino de Olomouc, apreza a oportunidade que ofrece este proxecto para aprender: “nosotros llegamos aquí como representantes de las escuelas secundarias para aprender de la educación española, también de la cooperación entre las empresas y las escuelas. Tuvimos oportunidad de ver muchos institutos ayer, también estuvimos en empresas y el lunes pudimos hacer visitas culturales a la playa de As Catedrais y a Mondoñedo. El programa está tan lleno de actividades que parece que llevamos aquí una semana”.
Sograñes explicó que “vamos a pasar un informe a los institutos de la región de donde procedemos, de Olomouc, y esperamos seguir cooperando con la Asociación de Profesores de Automoción, que es nuestra socia. Galicia es una región bien bella y nos gusta mucho, muchos querríamos volver aquí con la familia y los amigos, porque nos gusta mucho”. Con respecto ás diferenzas e semellanzas entre o ensino checo e o galego, cre que “hay muchas cosas parecidas, pero también muchas que podemos aprender de aquí y esperamos aprender mucho más. Encontramos cosas en común, pero también cosas que podemos aprender y usar en nuestro país”.
Álvaro Doural, presidente de Apaga, tamén salienta o satisfactoria que foi a visita: “creo que a experiencia é moi positiva, aínda que foi un programa de actividades moi apertado e ás veces é imposible controlar exactamente que non haxa retrasos, pero visitaron todo o que estaba previsto, houbo unha gran implicación tamén dos gobernos locais, tanto por parte da xente da Pontenova, como Ribadeo, Mondoñedo ou Barreiros. Nos centros tamén moi ben, creo que levan unha boa visión do que é a Mariña de Lugo, os centros, as súas poboacións, a xente, que eu creo que era a obxectivo principal. Estamos moi contentos e espero que sigamos, hai centros con interese en formular actividades de formación para os seus alumnos e profesores na República Checa. Un dos obxectivos de todo este tipo de programas é a sostibilidade, que logo deste proxecto haxa unha continuidade de actividades, e creo que iso queda perfectamente cuberto”.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



