Foz, 14 de outubro de 2015.- A reunión xunta de portavoces do Concello de Foz celebrada este martes abordou unha nova proposta para construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), segundo informa o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que agradece o bo clima de diálogo coa oposición que houbo na xuntanza e espera levar este asunto ao próximo pleno da corporación municipal. A proposta presentada polo rexedor é localizar a instalación no Camiño da Granda, entre o barrio de Forxán e a parroquia de Fazouro.
Javier Castiñeira explicou que este martes “tivo lugar unha xunta de portavoces importante no Concello de Foz, unha reunión cun único punto, que era a nova proposta de localización da depuradora de Foz. Dende logo agradecemos a presenza dos tres portavoces da oposición máis tamén a do tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín. O clima no que se falou e dialogou sobre esta nova opción foi moi positivo; hai moi boa vontade de tratar de resolver un dos maiores problemas que ten o noso municipio a día de hoxe, un problema ambiental, como é eliminar a depuradora e os puntos de vertido que se están levando á ría de Foz e crear unha nova depuradora coas dimensións e garantías que se merece un pobo como o de Foz, que non só ten 10.000 habitantes senón que en verán achégase aos 30.000 e precisa unha instalación que cubra esta demanda”.
Castiñeira engadiu que “con respecto á posición proposta, na zona límite entre Forxán e Fazouro, no que é o barrio de Forxán, concretamente no Camiño da Granda, é un lugar que resolve bastante ben os problemas engadidos que tiveron durante estes últimos anos as propostas de localización que se formularon. Hai que recordar que había unha primeira proposta en Forxán polo anterior grupo de goberno. O PP ofreceu outra nova en Sarrido, na parroquia de Fazouro, e ao non aceptarse estas houbo outras diferentes, que tampouco foron aprobadas, como no polígono ou en zonas próximas. Pero esta nova proposta satisfai bastante ben as necesidades, sobre todo de illamento e que medioambientalmente responda ás necesidades de Fazouro e Forxán. É unha localización que foi comentada cos responsables veciñais de Forxán e Fazouro e, en principio, tampouco hai excesivos problemas para que a acepten. Polo tanto, a xunta de portavoces reunirase outra vez a semana que vén para decidir cal é a proposta que se vai levar no próximo pleno da corporación municipal, que vai ser a finais deste mes”.
O alcalde destaca o bo clima que houbo na reunión de onte e agradece aos portavoces “por escoitar de moi boas maneiras unha opción e que propoñan aos seus grupos a necesidade de dar un paso neste sentido. Polo tanto, estamos contentos e dende logo é un paso importante. Esperamos que no próximo pleno esta localización sexa unha realidade e así poidamos pasarlle a Augas de Galicia a pelota ao seu tellado para que financie esta infraestrutura e faga o anteproxecto para que nos próximos anos Foz poida ter unha estación depuradora adaptada ao que son as necesidades do pobo”.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



