O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o II Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
O Concello dispuxo tres premios por categoría -xuvenil (menores de 18 anos) e adultos (maiores de 18 anos)-, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as van recibir un cheque-regalo que poderán gastar en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
O Xurado do Concurso estivo formado polo fotógrafo de El Progreso-A Mariña José María Alves Marciel e polo fotógrafo xovense Javier Arca Uría, actuando como Secretario o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro. Reunido o Xurado, e despois de avaliar tódolos traballos presentados, decideu otorgar os seguintes premios:
Categoría xuvenil (menores de 18 anos)
– Primeiro premio de 100 €uros: TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Atención que ven oleaxe”. Concursante nº 15 – Rexistro nº: 3306.
– Segundo premio de 75 €uros: Deserto.
– Terceiro premio de 50 €uros: Deserto.
Categoría adultos (18 anos ou máis)
– Primeiro premio de 100 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ coa obra “Contaminación lumínica”. Concursante nº 11 – Rexistro nº: 3289.
– Segundo premio de 75 €uros: ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “Cabo de Morás” . Concursante nº 3 – Rexistro nº: 3238.
– Terceiro premio de 50 €uros: FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ coa obra “Á beira da Illa de Ansarón”. Concursante nº 17 – Rexistro nº: 3327.