Velaí un ano mais as San Lucas. Con elas a animación, o bullicio e a vida tornan de novo a Mondoñedo. A esa pequena Cidade, animada capital de provincia en tempos pasados e prestixioso eixe relixioso, cultural e comercial da bisbarra mariñá. Cidade antiga e Sé Episcopal que viviu tempos de prestixio e de sona. Días de prosperidade e de vida nos que a cotío se escoitaban redobrar a porfía as campás da Catedral, da Igrexa Nova, dos conventos das Concepcionistas e da Alcántara, e o toque diario do esquilón da Catedral chamando, mañá e tarde, ós capitulares a coro. Tempos nos que alí a diario acudían xentes de toda a bisbarra a mercar o seu afamado pan, e a abastecerse no seu florecente comercio, ou mesmo a adicarse o estudo nese centro do saber que foi o seminario, equiparado en tempos pasados a mesma Universidade de Santiago. Días, non tan afastados aínda, nos que se podía ver unha longa fila de seminaristas, ataviados coa súa sotana, franxa vermella e bonete, percorrendo as súas estreitas rúas no seu paseo vespertino. Unha Cidade coa súa antiga Catedral á que en tempos pasados acudían masivamente os veciños a trocar o seu ocio en cultura escoitando os sermóns memorables do coengo maxistral, as brillantes disertacións públicas dos opositores ás coenxías e as grandes interpretacións musicais da orquestra catedralicia nas festas maiores. Unha ilustrada Cidade, berce de moitos e afamados músicos, escritores e poetas, formados moitos deles no Seminario en cuxas aulas acadaban unha alta cultura humanística, inspiradora das musas dos que logo rematarían formando a agora chamada Escola Poética Mindoniense. Esa culta e silenciosa Cidade, rica en pan y latines, como a cantaba o seu vate, Cunqueiro. Coas San Lucas as súas rúas, hoxe baldeiras de xente e de vida, en forte contraste co mundo de febril axitación no que hoxe se vive, trocaranse durante uns días nunha explosión de alegría e bulicio tentando revivir de novo aqueles pasados días de gloria.
Nestas feiras das San Lucas Mondoñedo disponse un ano mais a acoller de novo ós buliciosos sanluqueiros, romeiros e feirantes, coas súas reatas de cabalos e os seus produtos artesanais. Uns días de animada actividade pra vagar polas súas rúas e prazas, pola Alameda e pola feira do gando no Campo dos Paxariños. Días pra admirar os produtos dos artesáns do barro e da pedra, da madeira e do ferro forxado, da fariña e dos produtos do campo. Unha ocasión pra toparse outra vez cos amigos de vello que acoden un ano máis a estas feiras. Unha oportunidade pra presenciar e admirar, como unha evocación do pasado, as curiosas escenas do picaresco rito dos tratos do gando cabalar, rematados cun apertón de mans pra partir a diferenza do prezo. E cumprido este obrigado ritual do bo sanluqueiro, e sen esquecer a inescusable visita ó Santuario da Virxe dos Remedios a poñer a Santiña, parece obrigada unha volta pola Tasca pra compartir unha cunca de viño cos amigos de tempos pasados que alí se achegan. Xa a mediodía, e se por un casual lle aperta a un a fame, dar unha volta pola Alameda pra darlle acougo o estómago cunha saborosa ración de pulpo a feira ou cunha apetitosa empanada de raxo da panadería de Crespo. E todo este ritual xa rematado, deixando pra outra ocasión mais axeitada a imprescindible visita ós espazos históricos e culturais desta histórica Cidade, non marchar sen antes dicirlle adeus ás San Lucas cunha lembranza, como agarimosa homenaxe póstuma, ó Bar Central. Ese local senlleiro, testemuña nestas feiras de tantos encontros de amigos, sempre tan ben acollidos polos seus antigos donos, Rosa e Higinio, ós que se adica esta achega.



















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



