Ribadeo, 21 de outubro de 2015.- Volven os Foros Permanentes para as Mulleres, na súa novena edición cunha xornada de descanso termal a un spa na Coruña. Será o 8 de novembro. A inscrición está aberta no CIM. As prazas son limitadas.
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lembra que “nove anos son que levamos nesta andaina dos Foros dende o Centro de información á Muller do Concello de Ribadeo. Nove edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio para elas”.
A edil nacionalista sinalou que “os horarios no caso das mulleres son xornadas sen descanso, por mor da discriminación sufrida historicamente e na actualidade como consecuencia da asinación dun papel vinculado ao ámbito do fogar e dos coidados. E as mulleres que traballan fora da casa (traballo remunerado) aínda se ven sometidas a esa dupla xornada, a laboral e ao do fogar. Recentes estudos amosan a asimetría de horas por parte dos homes dedicadas ao fogar e aos coidados. A corresponsabilidade sigue a ser unha tarefa pendente para avanzar cara a igualdade real. Por iso, os Foros seguen centrándose en impulsar medidas de acción positiva cara ás mulleres”.
O descanso termal proposta desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade terá lugar o 8 de novembro (domingo) ao Spa da Casa da Auga, na Coruña.
A viaxe ao spa é gratuíta nun autobús subvencionado polo Concello de Ribadeo con saída ás14:00 horas de diante da Oficina de Información Turística. O acceso a o spa correrá a cargo das usuarias que deberán pagar o mesmo día unha cota de entrada de 20 euros.
Para participar nesta viaxe ao Spa da Casa da Auga, na Coruña do día 8 de novembro as mulleres interesadas en participar poden inscribirse nas Oficinas do CIM sitas Rúa Bos Aires, s/n (Auditorio) de Ribadeo ou chamando ao número de teléfono 982 120 739. O grupo mínimo para facer a actividade é de 45 persoas e o máximo de 55. As prazas son limitadas





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



