Alcoa San Cibrao únese á celebración do X Mes do Voluntario de Alcoa en todo o mundo cunha iniciativa dos seus traballadores voluntarios dirixida a ofrecer unha sesión de teatro terapéutico a persoas atendidas pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, que recibirá ademais 3.000 dólares de Fundación Alcoa como respaldo a esta iniciativa solidaria dos traballadores da compañía. A función celébrase o domingo, 4 de outubro, no pavillón de deportes de San Román de Vilaestrofe do municipio de Cervo.
Os voluntarios de Alcoa, que participarán na posta en escena da representación teatral, trasladarán tamén aos residentes do centro da Asociación en Cervo ata o lugar do teatro, asistirános durante a función teatral e levaranlles de volta á residencia unha vez concluída. A Asociación Mulleres As Espalladoras de San Román de Vilaestrofe colabora así mesmo no evento e a súa organización.
A obra “O Cazo de Sabela” que se representará foi expresamente adaptada pola Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña para representarse como teatro grupal con obxectivos terapéuticos que estimulen a escoita, a confianza, a expresión e a empatía, para propiciar o achegamento á natureza e ó modo de percibir os diferentes.
Os voluntarios de Alcoa veñen colaborando desde fai anos coa Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, que recibiu ademais máis de 30.000 dólares de Fundación Alcoa en total. En anteriores ocasións, os traballadores da fábrica de San Cibrao axudaron a acondicionar a nova residencia da organización, mellorando os patios do centro de rehabilitación psicosocial e laboral, creando unha zona de compostaxe para o horto e construído un invernadoiro, e acondicionando o taller de carpintería do centro.
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental fundouse en 1999 por familias afectadas que uniron os seus esforzos co obxectivo común de conseguir que tanto as persoas afectadas como as súas familias conten cunha axuda e asistencia continuada, buscando a integración dos mesmos na sociedade e na vida da comunidade, e fixando como obxectivo prioritario a súa integración psicosocial e laboral. A Asociación conta con dous centros de rehabilitación, un en Burela e outro en Ribadeo; ademais dun piso protexido e unha residencia en Cervo.
Con esta actividade de apoio terapéutico ás persoas con enfermidade mental, Alcoa San Cibrao inicia o seu X Mes do Voluntariado, un periodo dedicado a crear diferenzas positivas na nosa comunidade, na que vivimos e traballamos.





















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



