Ribadeo, 17 de novembro de 2015.- A Banda de Música Municipal de Ribadeo conmemorou a festividade de Santa Cilla cunha actuación que tivo lugar no Teatro ribadense o pasado sábado. E o 5 de decembro empezarán os ensaios para o concerto solidario que se celebrará o 3 de xaneiro de 2016 e no que actuarán os músicos que conforman actualmente a banda e outros que formaron parte dela en épocas pasadas.
No concerto do pasado sábado, dirixido por David Ballester, tocaron como solistas dous músicos da banda: o saxofón alto Martín García e o trompeta Rubén Solloso. E debutaron os irmáns Isaac e Nicolau Pazos Pérez, oboísta e saxo alto respectivamente. Ademais destes dous recibiron os diplomas que acreditan a súa incorporación oficial á banda de Ribadeo outros 11 músicos que entraron ou regresaron á formación nos últimos meses: as frautistas Antía Gómez Alonso, Paula Pérez Conde e Eva Iglesias López; a oboísta Alicia Folgueira González; os clarinetistas Saleta Martínez Tella, Julia García Ríos, Santiago de Rivera Parga e Alberto Clemente Avilés; Visitación Docobo López, que toca a trompa; e os intérpretes de trombón Daniel Fernández Belmar e Aurora Fernández Peña.
Nese concerto para celebrar a festividade de Santa Cilla tamén se entregaron os premios do 2º concurso de debuxo para escolares, correspondente ao curso 2014-2015, convocado pola asociación Amadores da Música.
En canto ao segundo concerto solidario que ofrecerá a banda municipal de Ribadeo coa incorporación para esa actuación de ex músicos da formación, celebrarase no auditorio municipal Hernán Naval o día 3 de xaneiro de 2016 e os ensaios empezarán o 5 de decembro. Anunciouno o presidente de Amadores da Música, José Luis Pulpeiro, quen tamén explicou que “a recadación dese concerto vai ir nesta ocasión destinada á Asociación de persoas con Discapacidade da Mariña-Cogami”.
Pero o próximo concerto que ofrecerá a Banda de Música Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, que terá lugar no Teatro ribadense o día 27 de decembro, domingo, ás 20:30 horas.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



