Lugo, 5 de novembro de 2015.-A FAPACEL e Vicepresidencia da Deputación presentaron na mañá deste xoves o programa “Coa educación por diante”, froito dun convenio asinado por estas dúas entidades. Na mesma estiveron presentes ademais do deputado provincial Xosé Ferreiro e do presidente da FAPACEL Luís Blanco, Lucía Fernández e Zeltia Méndez do Centro Psicopedagóxico “Crea” autoras, xunto a Carmen Moreno tamén de Crea, da guía Escola de Habilidades Socias e Rubén Pérez que realizará Obradoiro sobre o Conto Popular para as nenas e nenos que asistan ás charlas.
A FAPACEL comentou que neste mes de novembro presentará a guía Escola de Habilidades Sociais con charlas dirixidas a familias con nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Nesta guía atoparanse orientacións para favorecer a adquisición de habilidades básicas de relación social. Está dividida en diferentes partes, na primeira dáse unha explicación do que son as habilidades sociais e a importancia que ten a súa adquisición. Na segunda parte explícanse os diferentes estilos de interacción social, amosando as características de cada un deles mediante unha situación práctica. A continuación, aprenderanse unha serie de pautas educativas para a resolución de conflitos. E para finalizar, destacaremos diferentes mitos sobre as interaccións sociais para reflexionar entre todas e todos
Para facilitar a asistencia das familias ás charlas as nenas e nenos terán un Obradoiro sobre o Conto Popular que correrá a cargo de Rubén e Elena Centelles.
No mes de decembro, unha vez realizadas todas as charlas,enviaranse guías as ANPAS asociadas para repartir ás familias socias que as soliciten.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



