Burela, 27 de novembro de 2015.- Un ano máis, Mujeres en Igualdad Burela iniciou este venres a súa Campaña de recolleita de Alimentos en Supermercados EROSKI de Burela.
A Campaña durará todo o mes de decembro e con ela inténtase conseguir que as persoas e nenos máis desfavorecidos de Burela teñan un prato quente que levar á boca nestas datas do Nadal, pero tamén durante todo o ano.
Mary Fraga, presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, manifesta que teñen especial necesidade tanto de cueiros de bebé, leite de iniciación, produtos de hixiene, conservas e hortalizas envasadas, como de produtos de limpeza.
Mujeres en Igualdad Burela anima a todos os veciños do pobo para que se acheguen a Supermercados EROSKI de Burela e aporten o seu grao de area, depositando nos carros da compra que Mujeres en Igualdad ten dispostos no supermercado un quilo de alimentos. Ao mesmo tempo desexan agradecer a colaboración e boa disposición de Supermercados EROSKI de Burela, xa que sen a súa axuda isto non sería posible, como destaca Mary Fraga.
Tamén queren agradecer anticipadamente a participación e colaboración de todos os veciños.