Ribadeo, 20 de novembro de 2015. O alcalde, Fernando Suárez, referiuse este venres ás obras que Gas Natural está a realizar estes días en varios puntos da vila. Trátase da instalación de válvulas e pequenas conexións da rede gasística. O rexedor sinala que os traballos está previsto que rematen a finais de ano, e despois comezará o subministro do novo gas en Ribadeo.
O rexedor dixo que “estamos a falar dunha serie de obras que nestes días todo o mundo está vendo que se están executando en diferentes partes da vila de Ribadeo e polas que moita xente pregunta de que se trata. Quero explicar que son as obras que está facendo a empresa Gas Natural. Como todo o mundo sabe, Ribadeo dispón de rede de gas dende hai anos, pero era outro tipo de gas, doutra compañía anterior, e era gas propanado. Dentro de pouco vai ser cambiado a gas natural e polo tanto a nova empresa concesionaria deste servizo precisa facer novas instalacións de válvulas e ir completando rede, que ata agora existía, pero que en moitos puntos non estaba conectada entre si. Están facendo pequenas obras de conexión en diferentes puntos e diferentes espazos públicos e vías, tanto na parte nova como na parte vella de Ribadeo”.
Suárez Barcia explicou que a previsión do Concello é que as obras estean acabadas en fin de ano: “contamos que estas obras estean rematadas a final deste ano porque queren precisamente a partir de aí substituír o tipo de gas. Tamén dende hai un tempo hai xente que pregunta que fai un depósito de gas nuns terreos ao final da Avenida Rosalía de Castro. É un depósito que está por parte desta empresa situado aí para dar un servizo temporal. Non é algo definitivo e, aínda que cumpre con toda a normativa e as medidas de seguridade, está de xeito temporal”. E engadiu que “cando acaben estas obras a empresa ten que repoñer exactamente todo o que estivo rompendo e modificando ao seu estado natural. Se non, por parte dos servizos técnicos obrigaríaselles a refacelo”.






















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



