Burela, a 23 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal Popular de Burela mostrou este luns a súa “satisfacción polas obras de dragado de mantemento que Portos de Galicia está a facer no porto da nosa vila, necesarias para evitar que os barcos tocasen no fondo e mesmo algunha vez, con mareas vivas, quedasen varados, co conseguinte trastorno que eso supón”.
O GMP indica que esta actuación “desenvólvese en catro zonas da dársena. Una de aproximadamente 2.300 m2 no rectángulo que forma o muelle xusto pegado á fabrica do xeo hacia o interior da dársena; outro rectángulo de uns 750 m2 entre confraría e a nave das redeiras, unha especie de triángulo de 100m2 no muelle frontal de ABSA, e unha cuarta zona de uns 260 m2 practicamente fronte a onde se ubicaban os silos de cemento. En total, uns 3.400 m2, que se dragarán a unha conta de – 5’5 m, para garantir a facilidade de atraque e de maniobra dos barcos nas zonas indicadas. O presuposto da actuación é de uns 50.000’00€ e estará rematada a finais do presente ano”.
“Desde o GMP queremos recoñecerlle a Portos de Galicia e ó seu presidente o seu interés por esta actuación, indican os populares, actuación na que se empezou a traballar hai ano e medio, logo de terse plantexada a necesidade da mesma nunha das moitas reunións que o sector pesqueiro e o goberno local do PP mantiñan co presidente de Portos de Galicia”.
Ainda que desde o GMP aclaran que “este tipo de actuacións está mui controlada e sometida a estrictos criterios técnicos e medioambientáis. Así, entre outras cuestións a ter en conta, hai que localizar un punto de verquido que tén que ser autorizado polo Goberno central; hai que facer unha analítica do fondo marino a dragar, e mesmo a Dirección Xeral de Patrimonio pode pedir unha cata do fondo…. E cando se teñen todos os permisos e informes, Capitanía Marítima tén que emitir o derradeiro informe autorizando definitivamente o dragado. De aí que esta actuación se retrasase ano e medio desde que se adoptou a decisión de facela”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



