A Deputación de Lugo e Abanca renovaron este mércores o Plan Activamos, unha iniciativa conxunta a través da cal a entidade financeira destinará nun ano 37 millóns de euros en crédito a pemes, autónomos, familias e corporacións locais co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico e social da provincia.
O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa García, foron os encargados de asinar a renovación do plan, que conta cun importe de financiamento un 20% superior ao comprometido no primeiro convenio de colaboración entre ámbalas entidades, subscrito en xullo de 2014.
As liñas de crédito dispoñibles contan cunhas condicións financeiras moi vantaxosas: tipos de xuros por debaixo do mercado –os prezos baixaron con respecto ao primeiro protocolo- e sen bandas de flutuación; cero comisións de apertura, estudo, amortización ou cancelación anticipada; amplos prazos de amortización, e posibilidade de carencia naquellas modalidades nas que o cliente necesita un prazo para situarse en condicións de xerar ingresos.
Proxectos financiables
O Plan Activamos financia a pemes e autónomos na posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos, creación de emprego, actuacións de mellora energética nos seus negocios e tamén cobre necesidades de circulante. Para as familias, ABANCA oferta a través deste programa de financiamento préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade o á eficiencia enerxética, e adquisición de vehículos eficientes. Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e para necesidades de tesourería.
Trala sinatura do convenio, Darío Campos destacou “a importancia desta colaboración con Abanca, tendo en conta o peso das pemes e autónomos dentro da nosa provincia, un dos piares indiscutibles da economía, non so en Lugo, senón tamén en Galicia”. Campos Conde valorou que “o caracter social de Abanca, permite ofrecer servizos de calidade aos veciños do rural, en prol da igualdade de oportunidade entre os cidadáns, algo vital para o desenvolvemento da nosa provincia”.
Pola súa banda, Santiago Novoa resaltou o alcance que este programa de apoio financeiro ten no tecido económcio e social da provincia, e agradeceu a colaboración que está a prestar a Deputación de Lugo. “Esta alianza permítenos impulsar o progreso da provincia cun programa exclusivo, con créditos ‘brandos’ para financiar proxectos relacionados co emprendemento, o investimento empresarial, as novas tecnoloxías ou a eficiencia enerxética”, afirmou o directivo de ABANCA.
Apoio ao tecido empresarial
No marco do Plan Activamos, ABANCA leva formalizadas 1.143 operaciones de financiamento na provincia de Lugo, cun importe global de 34 millóns de euros. Pemes, micropemes, comerciantes e autónomos foron os principais beneficiarios do programa, ao concentraren o 97% das operacións e o 87% do financiamento concedido na provincia. En cifras totais, o Plan Activamos apoiou con crédito a 1.104 pequenas empresas e autónomos, que recibiron no seu conxunto 29,5 millóns de euros.
Os créditos a estes colectivos empresariais destináronse maioritariamente a financiar novos investimentos empresariais e, en menor medida, a atender necesidades de liquidez. O plan tamén favoreceu, a través do financiamento, a posta en marcha de 71 proxectos de emprendedores na provincia. O importe medio do financiamento a pemes e autónomos foi de 29.800 euros.
As liñas de financiamento para familias do Plan Activamos permitiron xa a inxección de 444.000 euros en Lugo. As familias lucenses aproveitaron as boas condicións deste programa de créditos, principalmente, para financiaren obras de mellora enerxética no fogar e actividades de formación. O importe medio destes préstamos foi de 16.400 euros.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



