Burela, 1 de decembro de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, e o primeiro tenente de alcalde, Ramiro Fernández, reuníronse con directivos da asociación cultural Fanto Fantini cos que analizaron as actividades que o colectivo programa para o 2016 así como a posibilidade de que o Concello colabore na súa organización.
O rexedor explicou que “estivemos reunidos coa asociación cultural Fanto Fantini, que ten moitas iniciativas e moi boas, polo que queremos compartir con eles a organización deses eventos, que teñan axuda institucional e programar en conxunto os actos que queren levar adiante”.
Llano contou que “para o ano que vén presentaron unha serie de actividades, por exemplo a Semana das Artes Plásticas, que vamos intentar coordinalas dende a Mancomunidade de Municipios da Mariña, da que son presidente, porque é algo que vai afectar a tódolos concellos. Vai rematar cunha exposición de tódolos artistas da Mariña que queiran participar. Esa mostra será posiblemente en Foz. Con esta actividade o que se pretende é poñer en valor aos nosos artistas, que viven e traballan na comarca da Mariña. Tamén van traballar nos diferentes colexios e institutos dos distintos concellos, polo que vai ser unha iniciativa colectiva moi importante, que se vai ver reflectida nesa exposición. Polo tanto vamos traballar para que iso sexa unha realidade boa para todos”.
O alcalde subliñou que “Fanto Fantini tamén nos presentou unha iniciativa chamada Burela Bonita, coa que se trata de buscar o xeito de que o municipio gañe en vistosidade, que se vexa claramente que é un concello que está coidado, que mira sempre con expectativas artísticas e atractivos de tipo cultural. Burela Bonita sería unha actividade que se levaría a cabo nun fin de semana, posiblemente no mes de maio, e na que se farían unha serie de grafitis en diferentes sitios de Burela que se estudarán para dar unha vistosidade diferente a moitas rúas e prazas onde agora mesmo non hai nada e no futuro teremos algo agradable para a visión. Polo tanto vamos colaborar con eles. De feito o Concello de Burela xa tiña tamén programado facer algo así, pero se hai unha asociación que se implica aportaremos algo nosoutros e tamén algo eles para que sexa unha obra compartida”.
E engadiu: “ademais falaron de facer un evento musical no Monte Castelo; tamén pretenden axudar na Feira do Bonito; no festival Osa do Mar, que xa empeza a coller certo renome, tamén vamos participar con eles; nas actividades de Alas de Vida, que é algo que xa se vén facendo no mes de setembro desde hai dous anos e hai unha achega por parte de todo o mundo, porque é unha iniciativa colectiva, de todas as asociacións, deportistas, etcétera. Vamos intentar facer uns eventos de fotografía na Mariña, con exposicións de diferentes artistas. E despois iremos vendo a posibilidade de organizar algunhas actividades máis como talleres ou cursos, que eles queren programar”.
Alfredo Llano reiterou que “o Concello de Burela vai colaborar e contribuír economicamente, se podemos, en todas aquelas iniciativas que organicen as asociacións culturais, deportivas e doutro tipo que hai no municipio. O noso interese é procurar axudarlles a estas asociacións para que desenvolvan a súa actividade; e se esa iniciativa é boa e pode participar todo o pobo mellor aínda”.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



