Lugo, 9 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro participou este mércores pola tarde no debate electoral organizado por Televisión de Galicia (TVG). Na súa intervención, Barreiro asegurou que nestas eleccións o que se decide é “continuar liderando o crecemento do emprego na Unión Europea ou volver á situación de crise”. Insistiu en que só coas políticas do Partido Popular garántese a “estabilidade necesaria para afrontar catro anos de crecemento e prosperidad en España”.
O líder do PP de Lugo sinalou que “nos presentamos a estas eleccións nunha situación ben diferente á de 2011” e recordou que nese momento, co PSOE no Goberno perdéronse 3.5 millóns de postos de traballo e estaban en risco as pensións e os sistemas públicos de educación, sanidade e dependencia. “Eramos un país ao bordo do rescate e isto supoñería o despedimento de funcionarios, a baixada de pensións e a eliminación de coberturas públicas esenciais”, matizou.
José Manuel Barreiro explicou cal é a situación que temos hoxe en día logo de catro anos “de políticas acertadas do PP e do esforzo de todos os españois”. Subliñou que onde antes destruíanse 1.400 empregos ao día, hoxe créanse 1.500 diarios. “Conseguimos o que parecía imposible; hoxe xa non se fala da prima de risco, o rescate e a creba”.
Neste sentido recordou o obxectivo realista do Partido Popular de conseguir 20 millóns de ocupados en 2020. “Non debemos volver atrás, hai que evitar que unha coalición de perdedores poña en risco o que conseguimos entre todos moitísimo esforzo e sacrificio”, matizou.
O candidato do PP ao Senado por Lugo explicou con datos a mellora no sistema de saúde porque, dixo, agora 200.000 españois que antes estaban excluídos teñen cobertura sanitaria. “Conseguimos un modelo máis universal, máis eficiente, máis equitativo e máis xusto”. José Manuel Barreiro destacou tamén que se logrou reducir en 6 puntos a taxa de abandono escolar e que se “garantiron por lei as pensións dos nosos maiores”.
Barreiro manifestou que o PP é o único partido que defenderá de forma clara e sen fisuras a unidade de España, a soberanía nacional, a igualdade dos españois e a legalidade.
O portavoz popular no Senado recordou que “o PP é o único que ten un proxecto claro e realizable e un equipo con capacidade para gobernar, fronte ás receitas socialistas caducas e os experimentos dos debutantes”. Insistiu en que o que o PP pode ofrecer aos españois o próximo 20 é “seguridade, experiencia política e vocación de traballo”.