Bruxelas, 11 de decembro de 2015.- A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, valora “moi positivamente” a sentenza dictada este xoves polo Tribunal de Xustiza Europeo pola que se anula o Tratado de Libre Comercio UE-Marrocos debido á non exclusión do territorio do Sáhara Occidental.
Despois de coñecerse a sentenza, Senra amosou unha vez máis “todo o noso apoio á loita do pobo saharaui” e puxo a énfase en que se trata dunha “decisión histórica que pon de manifesto os acordos ilegais da UE con Marrocos”. Neste sentido, lembrou que tamén o Tribunal de Xustiza Europeo está tratando nestes momentos a posible ilegalidade en relación á pesca da UE no territorio do Sáhara Occidental e tamén a posible ilegalidade en relación ao etiquetado de produtos, procedementos iniciados pola Fronte Polisaria e por Western Sahara Campaign UK.
A decisión adoptada este xoves polo Tribunal de Xustiza Europeo, que marca un antes e un despois, afectará de forma positiva á loita do Sáhara Occidental pola autodeterminación e tamén ás relacións bilaterais entre a UE e Marrocos adoptadas sen ter en conta ao pobo saharaui. A sentenza do Tribunal de Xustiza da UE do 10 de decembro do 2015 ten unha importancia histórica xa que se trata da primeira vez que se anula un acordo internacional da UE con Marrocos por violar os dereitos do pobo saharaui.
No Tratado de Libre Comercio UE-Marrocos dábase vía libre a que os produtos agrícolas ou pesqueiros facturados no Sáhara Occidental puidesen ser considerados como produtos de Marrocos. Coa sentenza de onte, o Tribunal de Xustiza da UE recoñece que o Sahara Occidental non forma parte de Marrocos e considera que se a UE permite a importación de produtos obtidos dun terceiro país violando os dereitos fundamentais estaría incentivando indirectamente esas violacións de dereitos. Na propia sentenza, o Tribunal recolle que “non só ningún Estado recoñece que o Sahara Occidental forme parte das fronteiras marroquís, senón que ningunha instancia internacional lle deu un mandato para administrar o Sáhara Occidental”.
Neste sentido, o Tribunal afirma que o acordo de liberalización UE-Marrocos facilita a importación de productos do Sáhara Occidental, pero ese acordo non garante que esa actividade económica vaia beneficiar aos saharauis.
O antiguo Asesor Xurídico da ONU, Hans Corell, chegou a dicir que “sentía vergoña” de ser europeo, á luz dos acordos ilegais da UE con Marrocos.
Ante o paso histórico producido onte a nivel xudicial, Lídia Senra chama a “seguir pelexando para que se recoñezan os dereitos de todos os pobos do mundo, incluído o dereito a decidir”.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



