Lugo, 12 de decembro de 2015.- NÓS-Candidatura Galega participou este sábado en Lugo nun acto no que un grupo de simpatizantes e persoas vencellada a Nós Candidatura Galega, forza da que forma parte o BNG, saíron á rúa para amosar o seu xeito de traballar na campaña electoral “nós facemos a campaña coas nosas mans” dixo Olalla Rodil. “Con este acto queremos recoñecer, agradecer e poñer en valor o traballo de todas as persoas que se implican nesta campaña por que saben da importancia de que Galiza conte cunha voz propia en Madrid” afirmou Olalla Rodil.
Máis de medio cento de persoas reuníronse na rúa da Raiña de Lugo para preparar o material de campaña que NÓS-Candidatura Galega utilizará nos vindeiros días para difundir o programa electoral co que concurren ás eleccións do vindeiro 20 de decembro. Olalla Rodil lembrou que “non temos aportacións de empresas, nin temos créditos bancarios para financiar esta campaña por eso o traballo militante é fundamental”.
Olalla Rodil pediulles “a todas as persoas que lle queiran a este país” que se impliquen en apoiar “a única candidatura que vai defender en Madrid ás galegas e aos galegos” e sinalou que “as persoas afectadas polas preferentes, os emigrantes retornados, a xente do mar, os gandeiros e outros moitos colectivos saben da importancia de que Galiza conte cunha voz que os represente e os defenda alí onde outros atacan o seu xeito de vida”.
A candidata ao congreso, Olalla Rodil, participou tamén en dous actos públicos en Chantada e Vilalba nos que pediu o voto para Nós Candidatura Galega por que “se algo pode mudar o 20 de decembro, Galiza ten que estar. Non podemos deixar que sexan outros os que negocien de novo o noso futuro, sen ter en conta o rural, o agro ou o feito de que a nosa xente vive dispersa.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



