A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) conta con nova directiva. Unha das primeiras actividades nas que están a traballar e a organización xunto co Concello de Lourenzá do desfile de Entroido o Domingo de Piñata o vindeiro 14 de febreiro.
Dende a ACIAL agradecen todo o traballo e esforzo realizado polas anteriores directivas, colaboradores.., así como ter un recordo especial por todos aqueles que formaron parte da ACIAL e que hoxe xa non están.