Burela, 12 de decembro de 2015.- O Burela Pescados Rubén rompe a imbatibilidade colchoneira e mantén o pulso polo título ligueiro tras un triunfo logrado con corazón e cabeza. Gaby marcou o tanto da vitoria a falta de 29 segundos para o final tras unha gran xogada de Maite que tamén asistiu a Lara no primeiro tanto.
A vitoria do Burela Pescados Rubén por 2-1 ante o Atlético Féminas Futsi comprime a clasificación na zona nobre, as colchoneiras chegaron a Vista Alegre con opcións de case sentenciar a Liga distanciando ao Burela a oito puntos e vaise con dous puntos de vantaxe e coa moral tocada.
O encontro comezou cun Atlético dominador ante un Burela que lle esperou na súa propia pista en busca dun contragolpe certeiro. Malia o seu control no xogo as madrileñas non xeraban ocasións claras de gol e únicamente un disparo de Marta Pelegrín tivo certo perigo. No minuto 10, Maite perseguiu un balón ata a liña de fondo logrando meter un pase no corazón do área colchoneira onde apareceu o oportunismo de Lara para situar o 1-0. Pouco despois Maite tivo nos seus pés o segundo tras un gran contragolpe pero o seu remate non atopou portería. A posesión era das visitantes pero o perigo levaba cor laranxa. A un minuto para o descanso chegou o empate do Atlético, Leti cun disparo raso sorprendeu a Jozi e ao descanso chegouse con empate no marcador.
Na continuación o Burela Pescados Rubén saíu a por todas, apoiado pola súa afección, e xerou ata catro oportunidades claras para adiantarse. Maite non atopou portería, Peque disparou ao pau e Gaby tivo un par de ocasións nas que únicamente lle faltou precisión. A avalancha laranxa tomouse un respiro e ao Atlético comezou a respirar pero sen demasiada ambición ofensiva, demasiada especulación no xogo visitante na tarde deste sábado. Á recta final chegouse co 1-1 e con ambos equipos con cinco faltas. Gaby gozou dunha oportunidade desde o doblepenalti pero o seu disparo non colleu portería. O ida e volta neste tramo final era constante e Amelia puido conseguir o 1-2 pero errou a súa oportunidade. No minuto final emerxeu de novo a raza de Maite para perseguir un balón e asistir a Gaby que rematou case sobre a liña de gol. O 2-1 enardeceu a Vista Alegre que co seu alento empuxou ao seu equipo para defender o xogo de cinco visitante. O seu intento desesperado non obtivo premio e a vitoria quedouse no feudo burelés.
Ficha técnica
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Gaby, Maite -cinco inicial- Ceci, Lara.
Atlético Futsi Navalcarnero: Estela, Ari, Leti, Amelia, Desi -cinco inicial- Marta Pelegrín, Peke, María Sanz.
Goles: 1-0, m.10, Lara; 1-1, m.19, Leti; 2-1, m.40, Gaby.
Árbitros: Crestelo Blanco, Novoa García. Colexio Galego. Cartón amarelo a Gaby do Burela Pescados Rubén.
Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. Ao redor de 600 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos policías falecidos no atentado terrorista de Kabul; Isidro Gabino Sanmartín Hernández e Jorge García Tudela.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
