Foz, 28 de decembro de 2015.- Acia/CCA de Foz sorteou na mañá deste luns os 1.000 euros en vales de compra da súa campaña de Nadal. As afortunadas foron: Maira Arrechea, Mª Victoria Blanco, Marta Fernández, Mª Eugenia Hermida e Nieves Oliveros. Cada unha resultou premiada con 200 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz.
O sorteo dos vales de compra realizouse este luns ao mediodía a través de Radio Foz. En total na campaña de Nadal déronse cita medio cento de establecementos comerciais. Todas aquelas persoas que realizaron as súas compras en ditos locais entre o 17 e o 24 de decembro cubriron as papeletas cos seus datos e entraron no sorteo celebrado na mañá deste luns.
As afortunadas poderán gastar os seus premios ata o próximo 15 de xaneiro.