Mondoñedo, 14 de decembro de 2015.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo agradece a colaboración da administración autonómica, que vén de rematar os traballos de mellora para habilitar a ruta de sendeirismo dos Acivros no monte de Fragavella. A ruta orixinaria tiña un percorrido de 5.875 metros, mentres que a acondicionada pola Xunta este ano ascende ata os 11.800 metros.
Tal e como explica a alcaldesa, a popular Elena Candia, o obxectivo do Concello e da Xunta foi o de acondicionar unha ruta de sendeirismo que favoreza o acceso ao público a esta finca de propiedade pública na que se poden observar algúns dos ecosistemas máis característicos da Serra do Xistral.
As obras de acondicionamento da ruta deron comezo a mediados de agosto e veñen de rematar. O custo dos traballos executados ascendeu a 13.153 euros e contaron co financiamento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A actuación incluíu o desbroce da zona, o acondicionamento dos sendeiros, a instalación de catro pontes de madeira, así como a sinalización do percorrido no que tamén se inclúe información de interese sobre a ruta. Completáronse os traballos co arranxo da fonte Fresca e a mellora dos accesos ao aparcamento.
A rexedora subliña o remate duns traballos que posibilitarán que os veciños, veciñas e visitantes “conten cun reclamo máis para desfrutar e profundar en todos os recursos que ten a nosa localidade”. Elena Candia comprométese a seguir recuperando espazos verdes e naturais esquecidos durante anos polo anterior Goberno.
A alcaldesa lembra que situar Mondoñedo como destino verde se atopaba dentro das estratexias de posicionamento turístico do Concello.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



