A Xunta destinará 14,1 millóns de euros para financiar os gastos de funcionamento e animación dos grupos de acción local do sector pesqueiro ou GALP (coñecidos no período 2007-2013 como grupos de acción costeira ou GAC), para a aplicación de estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP). O Consello do Goberno galego aprobaba este xoves o “convenio tipo” polo que se rexerán estas subvencións.
Estes convenios permitirán aos GALP xestionar e controlar as axudas que se tramiten ao abeiro dos propios grupos para desenvolver as estratexias. Os convenios, unha vez asinados, terán unha vixencia de 5 anos tras o último pagamento efectuado, de xeito que os GALP non poderán disolverse ata que transcorra ese período. Os grupos recibirán esta cantidade distribuída en 5 anualidades de máis de 2,8 millóns cada unha.
Co obxectivo de asegurar o debido cumprimento dos acordos e resolver as dúbidas que se poidan dar, crearase unha comisión de seguimento composta por dous membros da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e outros dous do GALP. Esta comisión velará, entre outras cuestións, por que as axudas teñan repercusión positiva no fomento do desenvolvemento local participativo nas áreas costeiras, favorecendo o tecido socio-económico de cada zona. Neste sentido, hai que lembrar importante papel que viñeron desempeñando os antigos grupos de acción costeira como xestores de multitude de proxectos que inciden na mellora económica do noso litoral e na dinamización das zonas costeiras.
Os grupos de acción local do sector pesqueiro darán continuidade ao traballo desenvolvido desde os grupos de acción costeira. Estas organizacións son entidades sen ánimo de lucro de carácter supramunicipal promovidas pola Unión Europea, formadas por axentes tanto públicos como privados das sete zonas de actuación constituídas e traballan co fin de mellorar a capacidade organizativa do sector pesqueiro e de fomentar a diversificación para os profesionais do mar.






















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



