Alfoz, 12 de decembro de 2015.- Este sábado, día 12 de decembro, a Finca Galea de Alfoz acolleu a presentación da primeira novela de Pepe Peinó, titulada “Escombros, moitos escombros”, editada pola Editorial Finis Terrae. Ó acto asistiron algo máis de 100 persoas e estimo amenizado pola música de Jorge Olivera, a voz de Miriam Vivero e o humor de Trípode. Como presentador do acto estivo o escritor alfocense Lionel Rexes e na representación do Seminario de Estudos do Valadouro e do concello de Alfoz estivo o tenente de alcalde Xabier Pardiñas.
