Burela, 24 de xaneiro de 2016.- O 9 de novembro en Burela tiña lugar unha actividade, programada polo Concello pero impulsada pola anpa dun centro público da localidade. A charla en cuestión abordaba un tema candente e importante, a meninxite B. Foi un éxito de asistencia e de repercusión, todos os medios de comunicación facían referencia a esta nova. Ata aquí CxG Burela apoia e comparte a xestión realizada.
Supoñemos que no calor mediático e de cobertura periodística do evento o noso Alcalde, que goberna sen rumbo a golpe de efecto en prensa, comprometía unha charla médica “cada mes ou mes e medio” supoñemos que seguindo un criterio de todo obxectivo: “a lo que salga”.
Según o compromiso do PSOE teriamos que ter disertado e gozado do consello de profesionais en tres ou cando menos dúas ocasións, a realidade e que van cero, como cero é a xestión de este “Alcalde”. Para CxG non é un tema menor, o sistema público de saúde é parte común de todos e todas e a pedagoxía neste senso é importante implicando a profesionais e a usuarios e clarificando dúbidas ou malos entendidos, máis se cabe, despos de todo este tempo de agresións e recortes do PP. Esta é a seriedade do PSOE de Burela.
Ao Sr. Llano e compañía válelle todo para saír na foto un día, pero tristemente para Burela, non pasan disto: do anuncio e da foto.
Estas actuacións demostran a falta de credibilidade dun Alcalde que non é nin capaz de cumprir coa palabra dada. Dende CxG Burela demandamos que se realicen as actividades prometidas, aínda que entendemos que é difícil cando o máximo responsable do Concello non lle fai caso nin ó seu equipo.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



