Burela, 29 de xaneiro de 2016.- Diante dos recentes asaltos e roubos acaecidos na nosa vila, xunto con outros pasados, dende CxG de Burela solicitamos publicamente que o Alcalde de Burela convoque unha reunión de urxencia da Xunta Local de Seguridade, este é un órgano importante de coordinación das distintas forzas de seguridade implicadas. A situación non é alarmante pero entendemos que é precisa unha actuación coordinada que cree sinerxías de aproveitamento dos recursos, que por desgracia son escasos. E que permita unha maior seguridade das persoas e negocios de Burela.
Vémonos na obriga de facer pública esta petición diante da actitude irresponsable e de clara deixadez de funcións do noso rexedor. Pode ser pola súa filosofía “slow”, pero por desgracia os amigos do alleo non son tan “slow”. Se tiveramos un alcalde pendente dos problemas xa tería que ter tomada de oficio esta decisión, pero cando se está máis pendente de Fitur e da Volta Ciclista, pode pasar que o importante se esqueza.
CxG de Burela fase eco das reivindicacións das asociacións de profesionais das Forzas de Seguridade e solicitamos máis medios humanos e de dotación para o noso cuartel da Garda Civil, é de recibo. Do mesmo modo entendemos que dende a Corporación é preciso un esforzo para recuperar as labores de seguridade cidadá nocturnas en Burela por parte da Policía Local.
Non se pode permitir unha nova agresión os servizos públicos que todos pagamos, a seguridade é un deles.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



